O concello de Padrón presenta Cartoóns, unha obra para nenos e nenas, e organiza unha recollida de xoguetes solidaria
O Concello de Padrón organiza este luns 23 de decembro, ás 18:00 horas, un espectáculo para familias, que terá lugar no Auditorio municipal. Unha xornada teatral a cargo do grupo Excéntricas e Teatro de Adro con Víctor Mosqueira e Josito Porto. Baixo o título Cartoóns, ofrecese unha representación para que desfruten os máis pequenos …